Trudis Pharma

Diseño web Coruña y Vigo / Trudis Pharma

TRUDIS PHARMA, TRUE DELIVERY INTEGRAL SYSTEM FOR PHARMACIES LIGISTICS, é un proxecto subvencionado pola AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN a través da convocatoria CONECTA PEME, liderado por COFANO Farmacéutica del Noroeste Soc. Coop. Gallega, e desenvolvido en colaboración con DALOT, Distribuciones Alonso Otero Transportes, S.L., IMATIA INNOVATION, S.L., INTECO Ingeniería Avanzada, S.L. y VISUAL PUBLINET, S.L.

 

Obxectivo temático 1

TRUDIS PHARMA tenta promover o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e unha investigación de calidade

 

O obxectivo do proxecto TRUDIS PHARMA é o de desenvolver un sistema de xestión integral do servizo de comercialización de produtos farmacéuticos que sexa capaz de recibir os pedidos dos clientes, producir as ordes de procesado loxístico, realizar a planificación das cargas e rutas de reparto, controlar e verificar automaticamente a entrega en tempo e forma (first time quality) e, por último, asignar a cada liña de pedido os costes reais derivados.

 

O proxecto finalizou en novembro de 2018. Os maiores avances foron:

2016:
Identificación de parámetros de servizo de influencia na localización individual da carga.
Avaliación dos diferentes métodos de identificación e trazabilidad individual da carga.
Identificación de fontes de datos ou a necesidade de sensórica adicional.
Métodos de valorización paramétrica dos datos adquiridos.
Identificación de necesidades de visualización e/ou lectura para cada cliente.

2017:
Estudo de métodos de comunicación e transmisión de datos entre infraestrutura móbil e estática.
Definición de tecnoloxía e protocolo de identificación de vultos, a definición do hardware embarcado de localización, preprocesado e transmisión de datos.
Programación do software encargado da recepción e pretratamiento dos datos, así como á programación das funcións de valorización embarcadas.
Estudo de métodos de consulta e obtención de datos da plataforma estacionaria.
Desenvolvemento de métodos de servizo web (adaptación a dispositivos móbiles, display en soportes gráficos específicos, valoración BI, diferenciación por orixe de demanda e tipo de conexión) completando a contorna necesaria para cumprir coa funcionalidade establecida.
Programación dos protocolos de consulta e obtención de datos da plataforma de valorización e planificación de rutas.

2018:
Despregamento en escenario real

 

Proyecto cofinanciado por Gain (Axencia Galega de Innovación) y por el Fondo Europeo de Desarrollo Regional – FEDER GALICIA 2014-2020-UNIÓN EUROPEA (Fondo Europeo de Desarrollo Regional).

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí.

ACEPTAR
Aviso de cookies
Unión Europea